( Santiago 1968)
Compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro.
Publicou tres discos baixo nome artístico de NARF.
ALO IRMAO, Falcatruada 2010, CD-DVD gravado en directo, en compañía do artista guineano, Manecas Costa , no teatro Proncipal de Santiago de Compostela. O disco acadou O Nº 1 No TOP TEN da RTP AFRICA, tres semanas en Agosto de 2010. Radiado tamén en emisoras como a BBC ( The world on 3 ) ou Radio 3, recibiu excelentes críticas no ámbito da world music. Foi un dos espectáculos máis aclamados do WOMEX 2009.
TOTEM, Falcatruada 2007. O CD contén temas cómo “Quero ser tambor”, ampliamente difundido en Países como Mozambique ou Brasil, e “Santiago”, canción coa que acadou o 2ºPOSTO no concurso da canción en linguas minorizadas europeas , no festival LIET LAVLUT, SUECIA.
Narf DIRECTO EN COMPOSTELA ( CHANGÜI 2003) Primeiro disco do proxecto Narf. Con este disco realizou una xira por España compartindo escenario e micrófono con Javier Muguruza e Miquel Gil, nun espectáculo conxunto chamado MUNDO CAFÉ.
Ademáis realizou o proxecto BUMBA en 2005, convidando a catro artistas Mozambicanos pertencentes ao grupo TIMBILA MUZIMBA , sendo un dos primeiros artistas que propuxeron a fusión da guitarra eléctrica co instrumento tradicional Chopi, a timbila, que ten o recoñecemento de patrimonio universal da cultura pola UNESCO. O espectáculo presentouse en Galiza e en Maputo, Mozambique.
Presentou os seus concertos en importantes teatros de LONDRES, ( LONDON CITY FESTIVAL,), SALVADOR DE BAHíA, SAO PAULO, PORTOALEGRE, NITEROI, RECIFE; NEW CASTTLE, BRIGHTON, RIO DE JANEIRO, BUENOS AIRES ( BAFIM), SEVILLA ( WOMEX), NOVA DELHI, KATMANDÚ, MAPUTO, VARSOVIA, CRACOVIA, BISSAU, MINDELO, LISBOA, MADRID, BARCELONA, etc
Foi membro de grupos como PSICOFONICA DE CONXO, OS KININDIOLA ou NICHO VARULLO.
.
Como compositor para teatro ou espectáculos destacan os seguintes premios.
Premio da crítica, BARCELONA 1995, ao MELLOR MUSICAL DO ANO pola ópera cómica, ANNUS HORRIBILIS, con libreto de Pepe Sendón
Cinco premios MARIA CASARES á mellor música polos espectáculos RIO BRAVO, FINIS MUNDI CIRCUS, ANNUS HORRIBILIS, SIDECAR, O SEGREDO DOS HOFFMAN, ademáis outras nominacións por obras como , A BOA PERSOA DE SAZUÄN, MEMORIA DE HELENA E MARIA.
Premio MESTRE MATEO ao mellor curta de animación, por un dos capítulos da obra musical , “O Labirinto dos Soños”, con texto e dirección de Pepe Sendón.
Ademáis recibiu encargos de composición para espectáculos diarios nas EXPOS de LISBOA, HANNOVER e ZARAGOZA, espectáculos producidos todos eles pola compañía portuguesa TRIGO LIMPO teatro ACERT
Compuxo a obra sinfónica “ A canción das árbores danzantes”, estreada pola orquesta Filarmónica de Galicia na praza do Obradoiro , en Compostela, con motivo da toma de posesión do presidente da Xunta.
Compuxo tamén máis dunha trintena de bandas sonoras para producción teatrais de diferentes compañías en Galicia e Portugal, destacando composicións para o CDG, como SALOME ou A BOA PERSOA DE SEZUÁN, ou outras como o evento multitudinario “ A QUEIMA DO JUDAS”, que reúne a máis de trescentos artistas cada ano en Tondela, Portugal. Producido por TRIGO LIMPO- ACERT, leva máis dunha década sendo o autor da música, e director musical do espectáculo,
No mundo do audiovisual, destaca a súa participación como compositor no filme de animación para nenos “O Labirinto dos soños”, , ademáis de diversos traballos no ámbito dos documentais, como “ Galicia Une”.
Foi un dos fundadores da sala NASA en 1992, onde ademáis de outras labores compuxo ducias de cancións para a BANDA DA NASA ata o ano 1998 en que abandona o proxecto.
Ademáis, ten participado como actor en algunas montaxes teatrais, orixinalmente como membro da compañía chévere ( Maquina total, Annus Horribilis…). No ano 98 intrepretou o papel protagonista da montaxe SEBASTIAO MENINO REI, con libreto de Sinde Filipe, e música de LAURENT FILIPE, obra estreada na EXPO LISBOA.
Recentemente participa tamén como actor na montaxe do CDG A OPERA DOS TRES REAS, de Bertold Brecht e Kurt Weill, protagonizada por Luis Tosar.